A Fundación CEER presenta o Museo Virtual Universitario da Eurorrexión creado grazas á colaboración activa das universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa posta en común dos recursos museísticos do seu patrimonio científico e cultural.
A finalidade deste museo virtual é facilitar o acceso ós investigadores e á comunidade universitaria en xeral á información científica e cultural dispoñible nos museos da Eurorexión.
As seis universidades, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Tras-os-Montes e Alto Douro, Porto e Minho, individualmente e a partir da utilización desta ferramente telemática, disporán en rede dun importante acerbo de material científico dixitalizado referido á historia natural e ó patrimonio cultural que lles é propio, e facilitará o seu acceso universal á comunidade universitaria eurorrexional de Galicia e do Norte de Portugal, cuantificada nuns 160.000 estudiantes e 12.000 profesores e investigadores.
A través deste Portal Web os visitantes poderán coñecer e estudar o diverso material que se expón ó tempo que percorrer virtualmente as salas dos máis destados edificios e museos universitarios da eurorrexión como son o Museo de Historia Natural, Luís Iglesias, en Santiago de Compostela, o Museo Universitario de Porto e a Casa Museo de Monsâo entre outros, ó dispor dun sistema multimedia avanzado (buscador, imaxes, vídeos, son dixital, animacións ...).
Obxectivos
Este museo encádrase no marco do programa Interreg IIIA financiado pola Unión Europea e executado pola Fundación CEER.
O Museo Virtual Universitario do CEER nace co obxectivo de difundir a cultura científica e o patrimonio universitario, tanto a nivel de divulgación entre escolares de primaria e secundaria da eurorrexión como, tamén, de procurar o traballo colaborativo e de sinerxias e complementariedades entre as comunidades universitarias constituidas por profesores, investigadores e alumnos.
O Museo Virtual universitario permitirá acceder a bases de datos con material dixitalizado en formato de video, fotografía e sons, ademáis de ofrecer visitas virtuais. |