Historia Natural

O estudio das plantas e animais inclúe o labor de rexistro e inventario das novas especies que se van coñecendo. Estas investigacións deron como resultado a formación de importantes coleccións representativas da flora e fauna de cada zona.

Percorrendo as salas dos museos de Historia Natural das universidades do CEER, poderá descubrir unha ampla representación xeolóxica, de especies de fauna e flora doutros obxectos  de valor histótico-artístico de destacado interese museístico e de investigación, procedentes de adquisicións realizadas polas diferentes universidades, de doazóns particulares e de intercambios con outras institucións. A través das páxinas do noso museo virtual poderá coñecer parte do marabilloso mundo natural.

Zooloxía

A sección de zooloxía inclúe mostras existentes nos museos universitarios de Historia Natural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.    

máis...

Botánica

As  salas dedicadas á botánica presenta diversos exemplos da investigación taxonómica. Entre as colecións dos museos universitarios, pódense atopar  especies destacadas polo seu interese.

máis....
   
Xeoloxía

A colección xeolóxica do museo expón unha parte das transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación fai uns 4.500 millóns de anos ata os nosos días.

máis...
Material centífico

A través das súas coleccións de material científico podemos facer un percorrido polo labor dos máis sobranceiros científicos galegos e portugueses.

máis...
     
     

logo Interreg
© 2006-2007 Museo Virtual Galicia & Norte de Portugal