Patrimonio cultural

O Patrimonio Cultural Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal defínese como unha característica identificativa das súas universidades. 

Forman parte desta riqueza os bens mobles e inmobles como a arquitectura, os sitios arqueolóxicos, as obras de arte, os manuscritos, libros e outros obxectos de interese artístico, histórico ou arqueolóxico, así como as coleccións científicas de todo tipo, os bens de valor etnolóxico, documental técnico ou de calquera outra natureza cultural independentemente da súa orixe ou propiedade. Este patrimonio universitario inclúe tamén os bens materiais e inmateriais e non se esgota no puramente histórico ou artístico.

A memoria histórica e presente que albergan as universidade nos seus espazos é o resultado das actividades de creación dos que forman parte a comunidade universitaria. Así, enténdese que o Patrimonio Cultural Universitario é un legado á humanidade, e a súa protección, difusión e enriquecemento depende de todos.

- Arquitectura na UVigo

- Visita Virtual á Casa Museu de Monção da UMinho

- Tour virtual polos edificios históricos da Universidade de Santiago. Santiago Turismo

- Prazas de Compostela. Galicia Dixital. Xunta de Galicia

- Visita virtual ao Museu Nogueira da Silva. Galería da Universidade do Minho



Introduza na casiña que aperece a continuación o nome da mostra que desexa atopar.


 

Buscador patrimonio cultural

Nome:
Típo:
Institución:


 

Fichas novas patrimonio cultural

Data Nome Típo Institución
02/09/09 Temp_02/09/09(204) No facilitado... No disponible... ver maís
02/09/09 Temp_02/09/09(375) No facilitado... No disponible... ver maís
31/10/08 Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB Edificio Universidade de Santiago de Compostela ver maís
30/10/08 Centro de Investigacións Tecnolóxicas Edificio Universidade da Coruña ver maís
30/10/08 Casa do Patín Edificio Universidade da Coruña ver maís

logo Interreg
© 2006-2007 Museo Virtual Galicia & Norte de Portugal